Primeiro cartel de La Traviata. |
O 6 de marzo de 1653 estreábase na Fenice de Venecia a ópera La Traviata de Giuseppe Verdi. Francesco Maria Piave escribiu o libreto a partir dunha adaptación ao teatro da novela A dama das camelias de Alexandre Dumas (fillo). O día da estrea foi un fracaso estrepitoso. Parece ser que a soprano escollida distaba moito de parecerse a Violeta, a xoven protagonista, e o público burlouse sen clemencia da pobre muller. O barítono e o tenor tamén foron ridiculizados. Anos despois, en 1854, La Traviata volveu ser representada con outros intérpretes e con lixeiros cambios na obra, esta vez foi un éxito.
Pódese decir que actualmente, La Traviata e unha das óperas máis representadas do mundo.
Aquí queda un fragmento que case todo o mundo cantaruxa.
Sem comentários:
Enviar um comentário