O 4 de marzo de 1678 nacía en Venecia o compositor Antonio Vivaldi. É un dos máximos representantes da música instrumental barroca. A maioría da súa produción foi feita para os grupos musicais do Ospedale della Pietà de Venecia. O seu xeito de entender a composición serviu para desenrolar a técnica do violín a base de escalas rápidas , arpegios,etc. A súa obra máis coñecida é As catro estacións, pero tamén é autor de sonatas, oratorios ou óperas( Orlando Furioso, A fida ninfa). Resulta sorprendente que o autor dunha das obras máis coñecidas da música clásica de tódolos tempos morrese na miseria.
Tratándose de músicos, sempre hai que escoitar e disfrutar:
Sem comentários:
Enviar um comentário