+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

28/06/2012

ANUNCIO MÍTICO: COÑAC SOBERANO




Quedáramos en ver a publicidade con ollos críticos. Hoxe tócalle o turno a un anuncio dos máis machistas que pasaron por TVE. Fíxate ben , porque nel ata se dá por bon o maltrato á muller e xustifícase a violencia e o sometemento da muller ao home. Mírao con teus pais para ver se o recordan, é moi antigo, mellor fala cos avós e a ver que che din...

Un home é un home e seis gatos , media ducia de bichos. E este non é un home, nin siquera homiño, ou? Eu creo que o respecto nas parellas é fundamental, e @s dous son iguais de importantes , non?

Por certo, no blog , na sección "Enlaces que che poden interesar" hai un adicado ao maltrato no fogar, se necesitas axuda podes entrar aí  ou  pedir apoio no Instituto ou a un adulto de confianza, non aturedes algo así nas vosas casas, non conduce a ningures.

Sem comentários:

Enviar um comentário