+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

28/06/2012

In memoriam: Blas de Otero

 Tal día coma hoxe de 1979 morría Blas de Otero (1916-1979).
Foi un dos máximos representantes da poesía social da posguerra española, isto é , un home comprometido que denunciaba na súa obra a situación que estaba a vivir o estado despois da Guerra Civil: a miseria, a dor, a vinganza...Como participou na Guerra no bando dos republicanos tivo serios problemas, el non entendía a guerra como solución e pasou polo que se deu en chamar o "exilio interior": unha oposición ao réxime franquista pero desde aquí, non se exiliou fóra, quedou na súa terra e denunciou todo o que a censura lle permitiu.
As súas obras máis importantes son: Ángel fieramente humano, Redoble de conciencia, Ancia.
Déixoche un vídeo con un dos seus poemas máis recitados: "Pido la paz y la palabra":
                                       

Sem comentários:

Enviar um comentário