Frank Kafka naceu en Praga o 3 de xullo de 1883 e morreu en Austria en 1924.
Foi un gran escritor en alemán. A súa literatura , tocada por unha especie de realismo máxico, deixa ver os seus conflitos internos : as relacións co seu pai, o amor, o odio ao traballo burocrático e a vida do ser humano marcada polo sentimento de culpa e de condena. A maioría da súa obra foi publicada postumamente polo seu amigo Max Brod. Entre os seus títulos destacan: O proceso, O castelo, América ou A metamorfose, ademais dun gran número de relatos e cartas entre as que destaca Carta ao pai.
O seu nome deu lugar ao termo kafkiano que alude a algo absurdo ou carente de lóxica, que lembra o ambiente das novelas de Kafka; angustioso, estraño, absurdo.
Un relato que non deberiamos deixar de ler é Carta ao pai, aquí temos o enlace para velo en PDF:
E aquí outro enlace para recordar algunha das súas célebres citas: https://es.wikiquote.org/wiki/Franz_Kafka
Sen dúbida, a mellor maneira de celebrar o seu aniversario é ler algún dos seus libros. Hai onde escoller, non?
Sem comentários:
Enviar um comentário