O 4 de xullo de 1848 morría en París François René, vizconde de Chateaubriand. É considerado un dos máximos representantes do Romanticismo francés. Membro dunha familia noble, era contrario á revolución de 1789, polo que se exiliou en Londres onde viviu ate 1800, alí publicaría a súa obra Ensaio histórico sobre as revolucións. En 1802 volveu a Francia e publicou O xenio do cristianismo, máis tarde virían René, Atala ou Os Mártires. Tamén é autor de Memorias de ultratumba e de Vida de Rancé.
Chateaubriand menciona Galicia en dúas ocasións nas súas obras, en ambalasdúas relata un episodio no que seu pai é atacado por ladróns en Galicia.
Como curiosidade podemos lembrar que Otero Pedrayo mandou que o enterraran cun exemplar de Memorias de ultratumba.
Por último, non podemos rematar sen facer mención ao famoso bisté Chateaubriand,porque foi el o primeiro en servirllo a Napoleón, aínda que o prato foi invención do seu cociñeiro, Montmirail.
Sem comentários:
Enviar um comentário