O 26 de novembro de 1942 estreábase en New York a película Casablanca, sen dúbida, unha das películas máis importantes da historia do cine. Os protagonistas erah Humphrey Bogart e Ingrid Bergman e o director, Michael Curtiz. A música estaba composta por un dos grandes da historia da música, Max Steiner; a súa banda sonora será eterna. Está basada nunha obra teatral que nunca chegou a interpretarse, Everybody comes to Rick's. Foi premiada con tres Óscar .
Tes que vela. De momento, aí che vai unha das súas escenas máis famosas:
Sem comentários:
Enviar um comentário