O 24 de abril de 1867 tivo lugar en Nashville (EE.UU.) a primeira asemblea do Ku.Klux-Klan (KKK), unha serie de organizacións de extrema dereita que predicaban e predican a supremacía da raza blanca, o antisemitismo, o racismo, o anticatolicismo, o anticomunismo, a xenofobia e o xeocentrismo. Os seus métodos baséanse na violencia e na intimidación queimando cruces para aterrorizar ás súas vítimas.
Esta organización xurdeu xusto despois da Guerra de Secesión americana, foi fundada por veteranos de guerra para evitar que a poboación negra acadase os dereitos que a vitoria do Norte na Guerra Civil lles concedía. En realidade, xa en 1865 houbera un intento de creación de algo parecido, pero podemos dicir que é agora cando se integran os distintos grupos xurdidos nunha soa organización.
O triste de todo este asunto é que o KKK sigue campando nos EE.UU. Agora atacan tamén a hispanos e asiáticos aos que consideran unha ameaza. Por sorte, non o fan tan abertamente como antes porque non é politicamente correcto e os movementos prodereitos civís serviron para algo, aínda así é triste que sigan existindo.
A esta xente haberia que explicarlles un par de cousiñas sobre a "supremacía étnica"...
Sem comentários:
Enviar um comentário