Barón Vermello. |
Manfred Albretcht Freihrr von Richthofen , famoso militar alemán chamado o Barón Vermello morría abatido en Vaux -sur-Somme, no Norte de Francia o 21 de abril de 1918. Bautizárono co citado apelativo porque o seu biplano estaba pintado de vermello para que os seus inimigos o recoñecesen entre o resto das aeronaves.
Fíxose famoso porque na Primeira Guerra Mundial conseguiu derrubar oitenta aeroplanos contrarios. O seu sentido do honor obrigábao a deixar fuxir aos que deixaba malferidos.
Concedéronlle varias condecoracións entre elas a Cruz de Ferro, a Pour le Merite e a Orde da Aguia Vermella.
Velaí unha réplica do avión que o fixo inmortal:
Sem comentários:
Enviar um comentário