O 19 de abril de 1903 nacía en Chicago Eliot Ness. Pasou á historia polo seu traballo para facer cumprir a Lei de Prohibición en Chicago nos anos 20 e 30.
El foi o encargado de deter a Al Capone, o mafioso máis coñecido da súa época. Para conseguir o seu obxectivo formou un grupo de nove homes honestos. Moi pronto conseguiron notoriedade polas súas redadas nas destilarías e nas cervexarías ilegais. Cando Al Capone intentou sobornar ao seu equipo e non o conseguiu empezaron a chamarlles "Os Intocables". Logo, o capo da mafia foi condeado a 11 anos de prisión grazas ás investigacións de Ness e os seus homes.
Despois viñeron outros casos e empezou o seu declive por mor de varios fracasos. En 1957 publicou o seu libro "Os intocables" (The Untouchables). A súa vida, de película, foi levada á pantalla en varias ocasións, pero a que máis popularizou a súa figura foi a versión de Brian de Palma protagonizada por Kevin Costner.
Velaí otrailer da película:
Sem comentários:
Enviar um comentário