Fotografías de Horts Faas. |
Horts Faas. |
Famosa fotografía de Paul Schutzers. |
O 29 de marzo de 1973 salía de Vietnam o último Marine de EE.UU., despois de ter ocupada militarmente Vietnam durante 10 anos. Naquela guerra morreron uns 57000 soldados USA e máis de dous millóns de vietnamitas. De volta á casa foron centos de miles os soldados americanos que chegaron feridos no seu corpo e na súa alma, a maioría adictos ás drogas e con moitos e graves problemas para adaptarse á volta á casa e á vida civil.
O pobo americano , humillado e farto da sangría que supuxo esta guerra entre os seus xóvenes, botouse á rúa e protagonizou algunhas das manifestacións antibelicistas máis recordadas da historia recente. Vietnam foi o punto de arranque do movemento pacifista americano que se veu respaldado por moitas figuras públicas que non vían con bos ollos o que estaba acontecendo no país asiático.
Este episodio da historia dos EE.UU. , vergoñento pola derrota e polas masacres perpetradas, deu tema para moreas de películas, entre as máis valoradas atópanse: Platoon, Apocalyppse Now, A chaqueta metálica, Forrest Gump, Cando eramos soldados, O cazador, Good morning , Vietnam, Nado o catro de xullo, etc...
Corenta anos despois as imaxes aínda permanecen na nosa memoria, as súas consecuencias, tamén.
Triste aniversario dunha derrota vergoñenta.
Corenta anos despois as imaxes aínda permanecen na nosa memoria, as súas consecuencias, tamén.
Triste aniversario dunha derrota vergoñenta.
Sem comentários:
Enviar um comentário