+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

25/03/2013

1458: Morre o Marqués de Santillana.

O 25 de marzo de 1458 morría en Guadalajara o escritor Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana. Foi un escritor humanista, moi culto e gran coñecedor das literaturas provenzal, italiana e francesa. Está considerado como un dos grandes mestres da literatura española do século XV. Entre as súas obras máis importantes podemos citar  42 Sonetos fechos al itálico modo, Infierno de los enamorados, La comedieta de Ponza, Diálogo de Bías contra Fortuna, Doctrinal de Privados, etc. Pero, realmente, a obra que o fixo máis coñecido foi Serranillas, un libro de composicións poéticas de inspiración popular e con claros elementos de inspiración provenzal. 
No seguinte enlace podes ler algúns dos seus poemas:

Sem comentários:

Enviar um comentário