+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

30/03/2013

1853: Nace Van Gogh.

O 30 de marzo de 1853 nacía o pintor holandés Vincent Van Gogh. Empezou retratando as miserias da clase obreira, sobre todo dos mineiros. Despois viaxou a París e coñeceu aos impresionistas. Máis tarde trasladaríase a Arles onde deu forma ao seu propio estilo cheo de cor e cargado de expreisón. En 1890, logo dunha vida tortuosa e de varios  intentos fallidos de suicidio, quitouse a vida en Auvers-sur-Oise. Entre os seus títulos podemos destacar Noite estrelada, A igrexa de Auvers, Os xirasoles, Autorretrato, A habitación do pintor en Arles, Comedores de patacas,  etc.
 No seguinte vídeo faise un repaso pola súa obra:




A súa vida foi tan intensa e especial que deu tema para varias películas. Velaí a extraordinaria versión que Akiro Kurosawa fixo da obra de Van Gogh na súa película Soños. 


Sem comentários:

Enviar um comentário