+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

29/03/2013

1973: O último marine americano abandona Vietnam.

Foto: Horts Faas
Horts Faas
Horts Faas

O 29 de marzo de 1973  salía de Vietnam o último Marine de EE.UU., despois de ter ocupada  militarmente Vietnam durante 10 anos. Naquela guerra morreron uns 57000 soldados USA e máis de dous millóns de vietnamitas. De volta á casa foron centos de miles os soldados americanos que chegaron feridos no seu corpo e na súa alma, a maioría adictos ás drogas e con moitos e graves problemas para adaptarse á volta á casa e á vida civil.
O pobo americano , humillado e farto da sangría que supuxo esta guerra entre os seus xóvenes, botouse á rúa e protagonizou algunhas das manifestacións antibelicistas máis recordadas da historia recente. Vietnam foi o punto de arranque do movemento pacifista americano que se veu respaldado por moitas figuras públicas que non vían con bos ollos o que estaba acontecendo no país asiático.
Este episodio da historia dos EE.UU. , vergoñento pola derrota e polas masacres perpetradas, deu  tema para moreas de películas, entre as máis valoradas atópanse: Platoon, Apocalyppse Now, A chaqueta metálica, Forrest Gump, Cando eramos soldados, O cazador, Good morning , Vietnam, Nado o catro de xullo, etc...

Corenta anos despois as imaxes aínda permanecen na nosa memoria, as súas consecuencias, tamén.
Triste aniversario dunha derrota vergoñenta.

Sem comentários:

Enviar um comentário