Autorretrato. |
O 10 de xuño de 1958 morría en Santiago de Compostela o gran pintor galego Carlos Maside García.
Desde moi novo colaborou con medios escritos como o Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego. En 1926 trasládase a París cunha beca. A partir de 1931 afincouse en Santiago e tomou parte na vida cultural da cidade durante a República.
Despois da Guerra Civil, Maside reclúese nunha especie de exilio interior ata o ano 1945. No ano 1950 é nomeado director artístico da recén creada editorial Galaxia.
Ao longo da súa vida mantivo contacto con intelectuais e artistas tanto do estado español, como de fóra; moitos deles nomes moi importantes como García Lorca.
Na súa obra podemos atopar debuxos, grabados e pinturas. Son seus títulos como Mercado, Porto de pescadores, Lavandeiras, Tenda, Autorretrato, etc.
No seguinte enlace pódese admirar a súa obra: http://carlosmaside.galeon.com/obra.html
Sem comentários:
Enviar um comentário