Billete para lembrar a figura de Bertha von Suttner. |
O 9 de xuño de 1843 nacía en Praga Bertha Felicitas Sophie, baronesa von Suttner, símbolo da loita pola paz e os dereitos civís e importante escritora austriaca.
Durante anos foi amiga de Alfred Nobel. Con 46 anos , despois de ter publicado xa moito sobre o pacifismo e de ter participado en moitos foros sobre o tema, publicou Die Waffen Nieder! (Abaixo as armas!) (1889) que se converteu nun libro de referencia para tódolos grupos pacifistas. Na obra, Suttner ofrece a ollada dunha muller sobre a guerra e as súas consecuencias. A partir de entón, continúa a súa loita en favor da paz aproveitando o éxito da súa publicación. En 1905 concedéronlle o Nobel da Paz. En 1910 publicou Memorias. Morreu no 1914.
Sem comentários:
Enviar um comentário