O 11 de xuño de 1973 morría en Santiago de Compostela o escritor galego Fermín Bouza-Brey.
Nado en Ponteareas (Pontevedra) , estudou Filosofía e Letras e Dereito. Exerceu como xuíz en varios lugares ao longo da súa vida.
A súa obra é amplísima, considérase o fundador do Neotrobadorismo, movemento vangardista galego nesta liña publica Nao senlleira e Seitura; tamén é autor da novela Cabalgadas en Salnés. Mais onde destaca Bouza-Brey é no eido da investigación onde se ocupa de diversos campos: a historia e a crítica literaria, na que destacou cos seus escritos sobre Rosalía; o folclore e a etnografía, a arqueoloxía ( impulsou vaias escavacións arqueolóxicas), a arte, a historia e a cultura galega en xeral.
Velaí un dos seus poemas:
Nao senlleira
¡Quén dera ser nao senlleira
n-aquel mar non presentido
das ja mergulladas terras!
Sen ceo, sen astros, sen vento,
sempre â toa pol-as ondas
deitado no esquecimento,
nin andar nin desandar,
nin ter outro coido acedo
que leijarse ir pol-o mar…
¡Quén dera ser nao senlleira!
Sen fito –estrela nin porto–
¡ser eu a propia ribeira!
E aquí un vídeo cunha adaptación do seu poema "Feitizo":
Sem comentários:
Enviar um comentário