Jackie aos mandos do seu avión. |
O 18 de maio de 1953 Jacqueline Cochran convértese na primeira muller en romper a barreira do son. Lembremos a súa historia:
Jackie foi unha aviadora americana do século XX , é considerada unha pioneira no seu campo. Foi a primeira en voar en jet sobre o océano, a primeira en aterrar e despegar dun portaavións e a única en competir na Bendix Race. Bateu varios récords de aviación e foi a primeira muller piloto supersónica.
O seu amigo, o maior Chuck Yeager, convenceuna para pilotar un jet Canadair F-86 Sabre prestado pola Real Forza Aérea Canadense sobre o lago seco Rogerse en California, tal día coma hoxe de 1953; foi entón cando acadou a velocidade de 652.327 mph , converténdose na primeira muller en romper a barreira do son.
Parabéns no sesenta aniversario de tal fazaña !
Sem comentários:
Enviar um comentário