+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

19/05/2013

1593: Nace Jacobo Jordaens.

O rei bebe. Jacobo Jordaens.
O 19 de maio de 1593 nacía en Amberes o pintor flamengo Jacobo Jordaens. É un dos máximos representantes do naturalismo barroco  , destacou polos seus tapices e polos seus cadros de gran tamaño con temas que van desde as esceas de familia ou  de temática costumbrista ,  ata a mitoloxía  e as naturezas mortas . Contou co favor de varios monarcas europeos entre eles os da corte española. Súa é a decoración da Mansión du Bois na capital de Holanda onde se pode admirar a súa obra máis significativa: O trunfo de Federico Enrique de Nassau.  Outros títulos seus son Concerto de familia, A nenez de Baco, Xesús cos doutores, Fecundidade, etc.
Velaí un vídeo que recolle o mellor da súa obra:

Sem comentários:

Enviar um comentário