![]() |
Miniatura que reproduce a masacre. |
O 20 de maio de 1520 ten lugar a chamada Matanza de Toxcatl. Este episodio negro da historia da conquista de México está protagonizado polos mexicas e os conquistadores españoles. Como é de supoñer hai dúas versións da historia. Para os medios afíns aos descubridores-civilizadores este feito está xustificado porque as tropas do Imperio español defendían a vida de Pedro de Alvarado, home ao fronte da expedición. Según a versión indíxena, que nós damos por máis próxima á realidade, os mexicas tiñas permiso das autoridades españolas para a celebración dun dos seus ritos relixiosos, mais cando estaban en plena celebración as tropas da súa maxestade arrasaron con todo e deixaron o Templo Maior sementado de mortos. Rematada a masacre prenderon a Moctezuma, pero esa xa é outra historia.
Cinco séculos despois , aínda segue habendo países que arrasan por onde van...Que peniña!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário