+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

17/05/2013

1863: Publícase "Cantares Gallegos".


O 17 de maio de 1863 publícábase en Vigo a obra  Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, velaí por qué celebramos hoxe o día das Letras Galegas.

Aquí queda un dos poemas deste libro:

"Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas,
cando vén, vén como negros"

Cando foi ía sorrindo;
cando veu , viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.

Aquel máis que neve branco,
aquel de dosuras cheio,
aquel por quen eu vivía
e sen quen vivir non quero.

Foi a Castilla por pan,
e saramagos lle deron,
déronlle fel por bebida,
 peniñas por alimento.

Déronlle en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo...
Castellanos, castellanos
tendes corazón de ferro!

Ai no meu corazonciño,
xa non pode haber contento,
que está de dolor ferido,
que está de dolor cuberto.

Morreu aquel que eu quería,
e, para min n'hai consuelo:
sólo ai para min, Castilla, 
a mala lei que che teño.

Premita Dios , castellanos, 
castellanos que aborreso,
que antes os gallegos morran,
que ir a pedirvos sustento.



Sem comentários:

Enviar um comentário