+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

25/05/2013

1853: Nace Elena Maseras.

O 25 de maio de  1853 nacía en Vilaseca (Tarragona)   Elena Maseras, a primeira muller en matricularse na Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona no ano 1872. Viña dunha saga de médicos e quixo seguir os pasos da familia pero non atopou máis que atrancos. Unha vez matriculada, accedeu ás aulas, mais  cando en 1878 rematou os estudos atopouse con que ao solicitar o permiso para facer o exame de Licenciatura non llo concedían porque non había un precedente, non había nada lexislado referente aos dereitos das mulleres. Tivo que agardar ata 1882 para examinarse e conseguir as máis altas cualificacións. Pero Elena non era muller de estar sen facer nada e mentras agardaba polo permiso que non chegaba empezou a interesarse pola pedagoxía e a ela adicaría o resto da súa vida.
Elena Maseras é unha pioneira, grazas a ela e a outras adiantadas ao seu tempo temos agora os dereitos que temos as mulleres ,porque se atreveron esixir o seu nun mundo de homes, elas "provocaron" a igualdade legal, agora tócanos a nós loitar para non dar marcha atrás.

Sem comentários:

Enviar um comentário