O 26 de maio de 1903 nacía na Coruña o debuxante galego Álvaro Cebreiro Martínez, un dos máximos representantes da vangarda galega . Empezou moi novo facendo caricaturas para A Nosa Terra. Naqueles anos participa en numerosas publicacións. No ano 1922 escribe e asina o manifesto "¡Máis alá!" xunto co poeta Manuel Antonio, no que apelan á renovación, á "liberación do pasado" na procura de novos camiños de expresión artística e literaria.
No 1923 fúndase en Lugo a revista Ronsel da que será director artístico , colaborará noutras revistas da Galiza e en El Sol , unha revista madrileña que o dará a coñecer na capital. Nesta época tamén entabla relación con intelectuais portugueses e adicarase a traducir obras ao portugués, sobre todo poesía da vangarda francesa .
Trala guerra civil sufre o triste exilio interior ata que en 1949 reaparece no certame Cien años de arte en Galicia . A partir de 1950 colaborará habitualmente no diario "El Ideal Gallego" facendo a tira de humor. No 1953 é nomeado académico da Real Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña.
Morrerá no 1956 despois dunha longa doenza pulmonar.
Velaí algunhas caricaturas súas: http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=452
Sem comentários:
Enviar um comentário