O 24 de maio de 1543 morría en Frombork (Polonia) o astrónomo polaco Nicolás Copérnico. No seu tempo provocou unha verdadeira revolución porque tentou acadar unha alternativa ás teorías xeocéntricas de Tolomeo e baseándose en escritos gregos de Astroloxía do século III a. d. Cristo ideou a súa propia teoría na que formulaba o heliocentrismo, a súa idea da orde do universo na que establecía que o sol era o centro do universo e que os planetas tiñan órbitas circulares, unha verdadeira novidade no seu tempo! Os seus estudos supuxeron o paso definitivo do oscurantismo do medievo á ciencia moderna.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Sem comentários:
Enviar um comentário