O escritor Miguel de Unamuno naceu en Bilbao en 1864 e morreu o 31 de decembro de 1936 en Salamanca. Foi un dos eixos da chamada "Generación del 98" da literatura en lingua castelá. Profesor e rector de universidade. Ademais de novelista , foi pensador e poeta; sempre preocupado pola existencia do ser humano ,as contradicións das crenzas relixiosas e o problema de España que tanto marcou ao seu grupo xeracional. Entre as súas obras máis importantes destacan: En torno al casticismo, Niebla, La tía Tula, El Cristo de Velázquez, El otro, etc.
No alzamento do 36 apoiou ao bando franquista, pero despois retractouse publicamente .No seguinte vídeo tes as súas palabras de arrepentimento:
Sem comentários:
Enviar um comentário