+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

02/01/2013

1948: Morre Vicente Huidobro.

Caligrama de Vicente Huidobro.
O 2 de xaneiro de 1948 morría en Santiago de Chile o poeta Vicente Huidobro. Foi un dos grandes renovadores da lírica hispanoamericana. Viviu entre Chile e París onde colaborou en revistas vanguardistas con xente coma Breton, Apollinaire, etc. É considerado o "inventor" do creacionismo ( movemento literario que pretendía  crear obxectos novos a  través da metáfora defendendo a  autonomía total do poema sen necesidade de reflectir a realidade).
 Os seus títulos máis importantes son Altazor o el viaje en paracaídas e Ciudadano del  olvido, ambos libros de poesía.
No seguinte enlace podes navegar pola súa obra, a súa vida e todo o relacionado con el: http://www.vicentehuidobro.uchile.cl/poemas_principal.htm



Sem comentários:

Enviar um comentário