O 30 de decembro de 1865 nacía en Bombay ( India) o escritor Rudyard Kipling. Algúns chamáronlle "poeta do Imperio Británico" pola visión que daba do colonialismo, o que lle valeu ser admirado por uns e repudiado por outros. O que é certo é que soupo reflexar moi ben os costumes do seu país nos seus libros, un bon exemplo son Capitáns intrépidos, Os sete mares, Kim ou o seu famoso Libro da selva. En 1907 concedéronlle o Premio Nobel de Literatura. Ademais das novelas citadas tamén escribiu poesía, algunhas recollidas no libro Baladas do cuartel; o poema que máis fama lle deu foi o célebre If, no que recopila unha morea de consellos para que o ser humano se enfronte á vida con éxito.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Sem comentários:
Enviar um comentário