O 5 de agosto de 1886 nacía en Alicante Óscar Esplá. E diredes vós: "e quen é este?". Pois un compopsitor español. Tivo unha completa formación musical con distintos maestros, e era moi bon pero tivo a mala sorte de ser coetáneo de Manuel de Falla que levou toda a fama. Aínda así é un fito importante na historia da música en España. En tempos da República foi Director do Conservatorio Nacional de Música e Declamación de Madrid. Por motivos políticos, coa guerra exiliouse a Bélxica. Colaborou co diario Le Soir donde escribiu defendendo a autores xudeos ou "malditos". Despois viviu en París con grandes penurias económicas que , en parte, aliviou a UNESCO. Déronlle varias condecoracións e recoñecementos internacionais. As súas obras máis importantes son: El sueño de Eros,Poema de niños,Cíclopes de Ifach ( ballet) Suite levantina, La nochebuena del diablo, Don Quijote velando las armas, Sinfonía Aitana e fixo arranxos no Himno de Riego ou Himno Republicano.
Por favor, non deixedes de ver esta xoia de vídeo.
Sem comentários:
Enviar um comentário