O 19 de setembro de 1941, Kiev foi ocupada polo exército nazi. Fixeron miles de prisioneiros que mandaron a campos de concentración. Os nazis quixeron "normalizar" a vida tra-la ocupación así que crearon unha liga de fútbol na que participarían 6 equipos. Un panadeiro colaborador dos nazis atopouse co porteiro do Dínamo, famento, na rúa e deulle traballo. A partir de aí buscaron ao resto do equipo.
Empezou a liga e foron caendo equipos.O máis poderoso era o Flakelf formado por membros da forza aérea alemá. O 6 de agosto de 1942 tivo lugar o encontro máis importante no estadio de Zenith, os xogadores do Kiev ganáronlles aos alemáns por 5-1. Os nazis, humillados, pediron a revancha tres días despois. Antes do partido os xogadores do Kiev foron ameazados pero negáronse a responder ao saludo nazi co brazo en alto e saúdaron ao estilo soviético. A pesar de que o partido foi arbitrado por un oficial das SS, os xogadores do Kiev ían gañando 5-3 e o árbitro deu por rematado o partido antes do final. Hai dúas verisóns para o que pasou despois:
a) Que os xogadores soviéticos foron fusilados ao remate do partido.
b) Sobreviviron a aquel partido, obligáronos a xogar outro que tamén ganaron e despois uns foron fusilados e dos outros non se soupo máis tras ser levados a campos de concentración.
A historia foi recreada na película "Evasíón o victoria", pero a realidade supera á ficción.
Sem comentários:
Enviar um comentário