Hoxe fai 50 anos que Norma Jean Baker, Marilyn Monroe, deixaba este mundo aloumiñada por un sono barbitúrico e unhas gotiñas de Chanel nº 5. Uns din que a soidade, outros que a depresión, outros mesmo falan dunha conspiración da mesmísima CIA...O caso é que o mito erótico dos anos 50 adormeceu e non despertou e deixou un baleiro difícil de encher, porque hai belezas que son únicas. Moitos pensaron que era unha loira parva, pero ademais de ter un coeficiente intelectual moi alto era unha devoradora de libros , unha muller culta , que gustaba de aprender e tiña inquedanzas e desexos de saber máis. Pero á súa figura do estrelato de Hollywood non lle cadraban esas características e pasou por ser mediocre e superficial...
As películas que fixo, na súa maioría, alimentaban esta imaxe do mito Marilyn. Entre as máis coñecidas están: Os cabaleiros prefíronas loiras, Niágara, O príncipe e a corista, A tentación vive arriba, Río sen retorno...
Non podo pasar sen deixarvos un vídeo con algunhas das súas fotos máis coñecidas. Sírvalle de homenaxe.
Sem comentários:
Enviar um comentário