Agora entenderás por qué os mosquitos se estrelan contra o parabrisas.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
05/01/2013
1936: Morre Valle-Inclán.
O 5 de xaneiro de 1936 morría en Santiago de Compostela Ramón del Valle y Peña, o famoso Valle-Inclán. Foi un escritor bohemio, moi relacionado co mundo modernista. Conseguiu o recoñecemento literario coa publicación das súas Sonatas ( Otoño, Estío, Primavera e Invierno, por orde cronolóxica). Despois virían outros títulos como Comedias bárbaras, Las Guerras Carlistas, ou Luces de Bohemia coa que inaugurou o esperpento. Outros títulos seus que non podemos pasar por alto son Tirano Banderas ou Jardín Umbrío.Se che apetece podes ver este documental para saber máis del:
04/01/2013
1977: Por fin podemos inscribirnos en galego!!!
O día 4 de xaneiro de 1977 publicouse a Ley 17/1977 sobre reforma do Artigo 54 da Ley de Rexistro Civil .Con esta modificación permitíase que os nomes de pila das persoas se poidesen inscribir no Rexistro Civil en calquera das Linguas do Estado. Como me parece un feito histórico de suma importancia aí che deixo o texto:
«En la inscripción se expresará el nombre que se dé al nacido. Tratándose de españoles, los nombres deberán consignarse en alguna de las Lenguas españolas.»
Artículo segundo.
A petición del interesado o de su representante legal, el encargado del Registro sustituirá el nombre propio, impuesto con anterioridad a la vigencia de la presente Ley, por su equivalente onomástico en cualquiera de las Lenguas españolas. La sustitución será gratuita para los interesados."
03/01/2013
1831:Inaugúrase a Escola de Tauromaquia de Sevilla.
O 3 de xaneiro de 1831 inaugurábase en Sevilla a Escola de Tauromaquia. Fora fundada por un Real Decreto do Rei Fernando VII o 28 de maio de 1830 pero non entrou en funcionamento ata o día sinalado. Para financiala tiñan que aportar unha cantidade tódalas cidades que tivesen "Maestranza", pero os tempos non estaban para estas alegrías e pechouse en 1834, pasando a destinar o seu capital a obras de beneficencia e a escolas primarias. (Sabia decisión!!)
Mágoa que hoxe se volva a ensinar a tauromaquia como arte...
02/01/2013
Anuncios da Srta. Pepis.
Agora que xa están a piques de chegar os Reis Magos, aquí che queda unha mostra do que pedían as nenas fai unhas décadas
. Fíxate nos roles que desempeñan nenos e nenas. Elas mercan , eles esperan e cargan cos paquetes...
. Fíxate nos roles que desempeñan nenos e nenas. Elas mercan , eles esperan e cargan cos paquetes...
1948: Morre Vicente Huidobro.
![]() |
| Caligrama de Vicente Huidobro. |
O 2 de xaneiro de 1948 morría en Santiago de Chile o poeta Vicente Huidobro. Foi un dos grandes renovadores da lírica hispanoamericana. Viviu entre Chile e París onde colaborou en revistas vanguardistas con xente coma Breton, Apollinaire, etc. É considerado o "inventor" do creacionismo ( movemento literario que pretendía crear obxectos novos a través da metáfora defendendo a autonomía total do poema sen necesidade de reflectir a realidade).
Os seus títulos máis importantes son Altazor o el viaje en paracaídas e Ciudadano del olvido, ambos libros de poesía.
No seguinte enlace podes navegar pola súa obra, a súa vida e todo o relacionado con el: http://www.vicentehuidobro.uchile.cl/poemas_principal.htm
Subscrever:
Mensagens (Atom)




