+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

03/09/2012

Premio Liebster Blog

Este blog foi premiado por: http://tirardofio.wordpress.com/

Estou emocionada porque este traballo  foi ditinguido cun premio  Liebster Blog, un galardón que se concede entre blogueiros para animar a  seguir e para  dar a coñecer outros blogues.
O meu premio chega de mans de Helena Villar Janeiro, mestra e amiga admirada. Ela foi testemuña do nacemento do proxecto, da primeira entrada e de tódalas seguintes, por iso, esta distinción é tan importante para min.
Ao aceptar este premio comprometíame a contactar con cinco blogguers que terían que cumplir,tamén eles, as seguintes normas:
1:-Copiar e colar o premio no seu blog ligándoo ao blogger que os premiou.
2.-Premiar eles a cinco blogs deixándolles un comentario nas súas entradas para notificarlles o galardón.
3.- Confiar nelas para que sigan a cadea.
Os meus cinco premiados son:

1)http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/, un traballo incrible feito por Anxo e Gracia excompañeiros de traballo que seguen estando entre os meus afectos.
2)http://sonhemos.blogspot.com.es/, de Ana Dorego Rivas, exalumna, unha rapaza coa cabeza moi ben posta que tén moito que contar; o punto de vista dunha rapaza nova, intelixente e prometedora.
3)http://www.eltoupoquefuza.blogspot.com.es/, de Suso Fernández Acevedo, compañeiro de batallas que , cando lle peta, nos dá a súa visión cargada de retranca do que lle preocupa ou lle interesa
4)http://ribadeomuller.wordpress.com/, de Luisa  González Rodríguez , porque é necesario e porque Luisa é unha muller comprometida e íntregra que deixa a alma no que fai.
5) http://xosemanoel.blogspot.com.es/, o blog de Xosé Manuel Bretón que polo seu traballo recorre a nosa xeografía e vai deixando pingas do que ve e do que pensa.

Parabéns aos cinco e a seguir...


Anuncio mítico: Tractores Ebro.

Un de tractores, estes xa non se vén polos camiños...Pregunta na casa como eran, quen foi o primeiro da parroquía en ter un, como facían antes o traballo...

1940 : Nace Eduardo Galeano.

Tal día coma hoxe de 1940 nacía en Montevideo (Uruguay) Eduardo Galeano, ensaísta, pensador, escritor,periodista e home comprometido coas súas ideas e coa sociedade.
É autor de moitas obras,algunhas xa míticas, entre os seus títulos destacan: Las venas abiertas de América Latina, de lectura obligada para entender o xenocidio e a masacre do pobo latinoamericano en tempos do descubrimento de América polos españois. Outros títulos son: Crónica de un desafío, China, Guatemala, un país ocupado;  Los días siguientes, Días y noches de amor y de guerra, Patas arriba. La escuela del mundo al revés, El libro de los abrazos, Los hijos de los días. Non che digo que o leas todo , pero merece tanto a pena botar unhas horiñas con el..., mira na biblioteca seguro que hai algún.
Esta é a súa páxina http://eduardogaleano.org/  , dá unha volta por ela e disfruta da súa palabra.
Aquí déixoche un vídeo no que el le un relato seu, que ninguén nos arrebate o dereito de soñar:

1976: A Viking 2 chega a Marte.

 A Viking II é unha sonda espacial que a NASA mandou a Marte dentro do programa Viking. Foi lanzada o 9 de setembro de 1975, entrou na órbita de Marte o  7 de agosto de 1976 (bota contas !!) e pousouse  en Marte tal día coma hoxe de 1976. Deuse por rematada a súa misión o 11 de abril de 1980.
Neste vídeo podes ver algo sobre como foi a misión:

02/09/2012

1973: Morre Tolkien

Tal día coma hoxe de 1973 morría  en Hampshire o escritor británico de orixe surafricana John Ronald Reuel Tolkien. Foi un eminente medievalista, fixo unha edición sobre Sir Gaiwan e o cabaleiro verde e estudou a Chaucer. Pero polo que nos gusta de verdade e pola súa escrita , polo seu universo máxico que nos traslada a lugares inimaxinables con personaxes magníficos froito do seu maxín. Era un crack, non so inventou un universo e unha historia , senón que creou a súa propia mitoloxía e mesmo unha linguaxe para a súa obra. De entre todos  os seus libros destacan  O hobbit e a triloxía de O señor dos aneis. Quen non coñece algo de Tolkien? Quen non veu polo menos unha película? 
Aquí che deixo un pequeno documental, a ver se che gusta...

1666: Gran incendio de Londres.

Tal día coma hoxe de 1666 era domingo  e a cidade de Londres empezou a arder ata o día 4 de setembro. As lapas queimaron a cidade medieval  que estaba rodeada  por una muralla. Considérase unha das maiores traxedias da historia de Londres. 80000 persoas quedaron sen fogar  e arderon moitos edificios entre eles a Catedral de San Pablo e o Concello de Londres. O lume iniciárase  nunha panadaría e arrasou con todo o que  atopou. Hai moitas obras de arte que reflexan esta traxedia.

Anuncio mítico: O Fertimón.

Made in feito na casa.