Tal día coma hoxe de 1940 nacía en Montevideo (Uruguay) Eduardo Galeano, ensaísta, pensador, escritor,periodista e home comprometido coas súas ideas e coa sociedade.
É autor de moitas obras,algunhas xa míticas, entre os seus títulos destacan: Las venas abiertas de América Latina, de lectura obligada para entender o xenocidio e a masacre do pobo latinoamericano en tempos do descubrimento de América polos españois. Outros títulos son: Crónica de un desafío, China, Guatemala, un país ocupado; Los días siguientes, Días y noches de amor y de guerra, Patas arriba. La escuela del mundo al revés, El libro de los abrazos, Los hijos de los días. Non che digo que o leas todo , pero merece tanto a pena botar unhas horiñas con el..., mira na biblioteca seguro que hai algún.
Esta é a súa páxina http://eduardogaleano.org/ , dá unha volta por ela e disfruta da súa palabra.
Aquí déixoche un vídeo no que el le un relato seu, que ninguén nos arrebate o dereito de soñar:
Sem comentários:
Enviar um comentário