Tal día coma hoxe de 1666 era domingo e a cidade de Londres empezou a arder ata o día 4 de setembro. As lapas queimaron a cidade medieval que estaba rodeada por una muralla. Considérase unha das maiores traxedias da historia de Londres. 80000 persoas quedaron sen fogar e arderon moitos edificios entre eles a Catedral de San Pablo e o Concello de Londres. O lume iniciárase nunha panadaría e arrasou con todo o que atopou. Hai moitas obras de arte que reflexan esta traxedia.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Sem comentários:
Enviar um comentário