Hoxe cúmprense 50 anos da primeira edición de Rayuela , a famosa novela de Julio Cortázar. O libro ten 597 páxinas de narrativa difícil de clasificar, pero foron moitas máis as que se escribiron tentando explicar esta obra mestra da literatura universal.
Cortázar quixo innovar no seu momento e conseguiuno, vaia que si !
Agora , a editorial Alfaguara lanza unha edición conmemorativa para celebrar o aniversario. O libro está integrado pola novela de Cortázar e un anexo final que inclúe anacos de cartas de Cortázar nos que o autor fala da novela cos seus amigos.
Nunca é tarde para atoparse con Rayuela, é unha experiencia que non debemos deixar pasar.
Eu creo que é un libro que lle pasa como ao Quijote, que non fai falta lelo de vez para disfrutar del . Podemos abrir Rayuela por calquer capítulo e disfrutar da súa prosa sen máis , sen necesidade de pensar na historia. Internet está cheo de fragmentos de Rayuela, de frases fermosísimas sacadas da novela..., disfrutemos entón da obra.
Parabéns, Rayuela!!! Seguro que seguirá viva dentro doutros cincuenta.
Sem comentários:
Enviar um comentário