O 29 de xuño celébrase o Día do Sono Feliz que tivo como lema na súa primeira edición "desmontando a Estivill."
O que pretende esta iniciativa é convencer aos pais e nais de que durmir é algo natural no proceso de madurez dos nenos e nenas e como tal require da axuda e colaboración dos proxenitores debendo ser atendidos cando reclaman a nosa presencia, evitando en calquer caso os métodos conductistas que propoñen "adestramentos" para que os bebés "aprendan" a dormir soíños.
Esta é a segunda vez que se celebra e agardamos que se manteña para sempre porque durmir forma parte de nós e é tan necesario para ser felices como comer ou xogar e os nosos fillos e fillas merecen ser felices , non?
Sem comentários:
Enviar um comentário