O 20 de xuño de 1933 morría en Moscú Clara Zetkin, unha revolucionaria socialista alemá.
Ela foi, con Rosa Luxemburgo, a fundadora do Partido Comunista Alemán en 1918 e actuou como representante do mesmo no Parlemento ata 1932, un ano antes do seu falecemento.
Podemos considerala unha precursora da participación activa das mulleres na vida política, foi unha loitadora incansable a prol dos dereitos das mulleres obreiras e do sufraxio feminino. Tamén din que foi ela unha das socialistas que propuxeron a creación do Día da Muller Traballadora.
Sem comentários:
Enviar um comentário