Selo de Perúa na honra de María Reiche |
O 15 de maio de 1903 nacía en Dresde (Alemania) a arqueóloga e matemática María Reiche Neumann. Pasou á historia polas súas investigacións sobre as liñas de Nasca.
Entre os kilómetros 415 e 465 da estrada Panamericana Sur de Perú, nunha área de 50 Km de longo por 15 km de ancho atópanse as liñas de Nasca , nas pampas de Palpa, Ingenio, Nasca e Socos. Están datadas entre os anos 300 antes de Cristo e 900 despois de Cristo.
Esta marabilla arqueolóxica fora descuberta por Toribio Mejía Xesspe en 1927 . Nos seus estudos, María afirma que estes debuxos son puntos de observación astrónomica de grande utilidade para a agricultura; outro arqueólogo, Kosok, falaba deste lugar como o "libro de astronomía máis grande do mundo." María quedou tan abraiada pola impresión que nela causaron estes debuxos que adicou o resto da súa vida a protexelos , mesmo investindo os seus propios aforros en todo o necesario para a súa conservación. Finalmente foille concedidad a nacionalidade peruana e unha morea de distincións honoríficas que recoñecían o seu traballo e amor por estes achados.
"O mono", un dos debuxos do Nasca. |
Para saber un pouco máis sobre o tema das liñas de Nasca ou Nazca aí vai un pequeno vídeo:
Sem comentários:
Enviar um comentário