O 30 de maio de 1778 morría en París o escritor e filósofo francés François-Marie Arouet Voltaire. É un dos máximos representantes da Ilustración francesa. A súa primeira obra literaria foron uns versos satiricos dirixidos contra o duque de Orleans que o levaron ao cárcere da Bastilla. Máis tarde foi exiliado a Gran Bretaña onde coñeceu a fondo a filosofía inglesa. En 1734 publicou Cartas filosóficas ou Cartas inglesas o que lle valeu unha nova orde de arresto que evitou refuxiándose en Citey. En 1746 ingresou na Academia Francesa despois de ser nomeado historiador real, pero as desavencencias co rei levárono ata a corte prusiana primeiro e a Suiza, despois. Era partidario dunha relixión natural e defendía o despotismo ilustrado. Loitaba desde os seus escritos contra a intolerancia ,a superstición e o fanatismo relixioso. Entre os seus títulos máis importantes están: Edipo, Elementos da filosofía de Newton, Tratado sobre a tolerancia, Diccionario filosófico, Comentario sobre o libro dos delitos e as penas e o seu famoso, Cándido ou o optimismo.
No seguinte enlace podemos ler moitas das frases que Voltaire deixou para a posteridade: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=1029&page=2.
No seguinte enlace podemos ler moitas das frases que Voltaire deixou para a posteridade: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=1029&page=2.
Sem comentários:
Enviar um comentário