O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Conmemórase o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, un dos máis importantes autores da Literatura para nenos da Historia da Literatura Universal.
Andersen naceu tal día coma hoxe de 1805 na cidade de Odensen (Dinamarca). Ademais de autor de libros para a infancia tamén son seus varios epigramas e poemas de tema patriótico, algúns libros de viaxes ( En Suecia, En España), varias novelas ( O.T.; O improvisador) ; algunhas obras de teatro ( O mulato, Os soños dun rei) e unha autobiografía ( A verdadeira historia da miña vida). Pero realmente, se hoxe estamos a falar del é pola súa literatura para o público infantil. Quen de nós non leu algunha vez O traxe novo do emperador, O parruliño feo ou O soldadiño de chumbo, por exemplo?
Cada ano , un/ha escritor/a encárgase de elaborar unha mensaxe para celebrar este día. Este ano , a responsabilidade recaeu na escritora mexicana Pat Mora, velaí o seu poema:
"Leemos juntos , tú y yo.
Vemos que las letras forman palabras
y las palabras se convierten en libros
que estrechamos en nuestras manos.
Oímos susurros
y ríos bulliciosos en sus páginas,
osos que cantan
graciosas melodías a la luna.
Entramos en misteriosos castillos
y de nuestras manos suben hasta las nubes
árboles florecidos. Vemos niñas valientes que vuelan
y niños que atrapan las estrellas.
Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,
recorriendo el mundo con la alegría en los libros."
Sem comentários:
Enviar um comentário