O 21 de marzo de 1963 pechábase o cárcere de Alcatraz despois de ter albergado un total de 1545 presos durante 29 anos.
Estaba situado na Illa Alcatraz, tamén coñecida como A Roca, unha pequena illa ubicada no centro da baía de San Francisco en California (EE.UU.).
Na prisión había un total de 336 celas, pero só chegaron a estar ocupadas á vez un máximo de 302. Foi famosa pola dureza do seu réxime disciplinario. Para maior seguridade os presos eran recontados varias veces ao día co fin de evitar os intentos de fuga.
Por ela pasaron presos tan famosos como Al Capone ou Robert Franklin Stroud. Pero se alguén escribiu con letras de ouro o seu nome na historia de Alcatraz , ise foi Frank Morris que, acompañado polos irmáns John e Clarence Anglin, conseguíu fuxir do penal.
A fuga de Morris foi toda unha odisea, pero esa aventura contarémola outro día. Aínda se conservan a súa ficha carcelaria e a cabeza de papel maché que fixo para enganar aos gardas mentras excavaba un tunel para fuxir. . Aquí podes ver as dúas imaxes:
Cabeza feita por Morris . |
Ficha carcelaria de Morris. |
A historia de Alcatraz estivo sempre envolta nun halo de lenda e de misterio, por iso serviu en moitas ocasións de tema para películas e series de televisión.
Sem comentários:
Enviar um comentário