+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

20/03/2013

1852: Publícase "A cabana do Tío Tom".

O 20 de marzo de 1852 publicábase  a novela A cabana do Tío Tom da escritora Harriet Beecher Stowe. Na época supuxo un forte impacto social porque ten como tema central a escravitude. Tom, un escravo afroamericano, conta a súa historia e a das persoas que o rodean. Fundamentalmente, pon de manifesto a crueldade ,a sinrazón e a inmoralidade da escravitude. A autora aproveita a historia para mostrar a bondade do cristianismo e  a autoridade moral que a maternidade confire ás mulleres.
O éxito da obra  foi tal que se converteu na novela máis vendida do século XIX e serveu de apoio á causa abolicionista nos EE.UU. provocando o debate sobre o sistema escravista entre a poboación.
A día de hoxe, o mundo segue a ofrecer materia real para outra novela sobre o tema: os/as escravos/as sexuais, os/as escravos/as dos diamantes, os/as escravos/as da industria téxtil, os/as escravos/as das guerras ...

Sem comentários:

Enviar um comentário