+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

22/02/2013

1939: Morre Antonio Machado.

O 22 de febreiro de 1939 morría en Collioure (Francia) o poeta Antonio Machado. Tivera que fuxir de España por mor da Guerra Civil. Aínda que era sevillano, logo marchou a Madrid coa familia. Viviu e estudou alí. Despois traballou en París e , xa de volta en España, en 1903 publicou o seu primiero poemario , Soledades, que máis tarde sería Soledades, galerías y otros poemas. Froito das súas vivencias personais e do seu paso por Soria , aparece Campos de Castilla (1912) . Posteirormente verán a luz Poesías completas e Nuevas Canciones. En 1937 publícase Juan de Mairena e Sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo. Ademais, co seu irmán Manuel escribiu teatro: La Lola se va a los puertos ou El hombre que murió en la guerra.
Aquí vai un vídeo dunha canción de Serrat a partir dun poema de Machado:

Sem comentários:

Enviar um comentário