Hoxe, 21 de febreiro, Anaïs Nin cumpriría 110 anos. Naceu no 1903 en Francia, de ascendencia cubana. Morreu como norteamericana despois de 74 intensos anos cheos de experiencias que ela recolleu en 35.000 páxinas manuscritas que se publicaron baixo o título de Diarios. Neles aparecen moitas das figuras senlleiras da época que viviu Anaïs Nin. A escritora repasa a perda de seu pai , o erotismo ou a súa identidade sexual nunha prosa chea de simbolismo e imaxes oníricas, moi próxima ao surrealismo. Ademais desta obra ten outros títulos como A casa do incesto, Inverno do artificio ou Delta de Venus ( unha colección de relatos eróticos).
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Sem comentários:
Enviar um comentário