O 30 de outubro de 1910 nacía en Orihuela (Alicante) o poeta Miguel Hernández. Durante a República participou nas misións pedagócias e na Guerra Civil militou no bando republicano. Ao final da guerra foi detido e morreu no cárcere. Os seus poemas están cargados de amor pola súa terra e os labregos que a traballaban , pero tamén se deixan notar as pegadas de Garcilaso e de Góngora. Entre os títulos da súa obra destacan Perito en lunas, El rayo que no cesa,Viento del pueblo, Teatro en la guerra. Trala súa morte foron publicados o Cancionero y romancero de ausencias e o drama Los hijos de la piedra.
A súa obra non marcou as décadas posteriores. Hoxe en día podemos atopar moitísimas versións dos seus poemas na voz de cantantes de prestixio. Aquí che queda un exemplo. Bota unha ollada en Youtube atoparás unha morea de vídeos coa súa obra.
Sem comentários:
Enviar um comentário