O 30 de outubro de 1821 nacía en Moscú Fiodor Mijailovich Dostoievski. Tivo unha vida difícil marcada pola epilepsia e por unha condena a morte. Era enxeñeiro militar de formación e en 1849 foi acusado de conspiración e condeado a morte, xusto no momento da ser executado conmutáronlle a pena pola de traballos forzados en Siberia. Nas súas novelas ,os protagonistas viven ao límite, todos eles descritos con moita profundidade psicolóxica. As súas obras máis coñecidas son Crime e castigo, O idiota, Humillados e ofendidos, O xogador, ou Os irmáns Karamazov, entre outras.
Aquí deixo un vídeo sobre a súa vida e a súa obra, son 45 minutos pero merece a pena.
Sem comentários:
Enviar um comentário