Tal día coma hoxe de 1890 nacía Agatha Christie, novelista británica. Foi unha autora de moito éxito no xénero policiaco. Escribiu moreas de libros, a maioría ambientadas na época anterior á Primeira Guerra Mundial. Os seus personaxes máis famosos son Hércules Poirot e Miss Marple. Citar a súa obra sería o conto de nunca acabar, pero aí van uns cantos títulos: Asasinato no Orient Express, Os dez negriños, Morte no Nilo...Moitas das obras foron levadas ao cine con éxito . Hai que decir tamén que unha peza de teatro súa, A ratoeira, estivo en cartel en Londres máis de vinte anos ( que xa son anos para unha obra de teatro!!)
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Sem comentários:
Enviar um comentário