Tal día coma hoxe de 1253 nacía en Venecia o viaxeiro Marco Polo. Nado nunha familia de mercaderes, estaba destinado a recorrer mundo. Cando era un rapaciño de 17 anos acompañou a seu pai nunha viaxe a China, alí o gran kan converteuse no seu protector e encargoulle varias misións tanto políticas como diplomáticas. Despois duns anos volveu a Venecia e foi capturado polos xenoveses, mentras estivo preso dictoulle O libro de Marco Polo ou Libro das marabillas do mundo ao escritor Rustichello.
Aquí che queda a primeira parte dun documental sobre Marco Polo, se che interesa tes a continuación en Youtube.
Sem comentários:
Enviar um comentário