Tal día coma hoxe de 1878 empezaba a traballar na Boston Dispatch Emma Nutt, a primeira muller operadora telefónica. A empresa empezara contratando nenos para o traballo pero, claro, oa cativos tomábano a broma e aquilo era un desastre ,así que Graham Bell decidiu contratar mulleres. Emma foi a primeira muller empregada e traballou na empresa 37 anos, ganaba 10 $ ao mes por 54 horas de traballo á semana. A iso chamáselle estabilidade laboral!!
Sabes? Para ser operadora había que ser solteira, ben falada, ter os brazos longos e non ser negra nen xudea...Que cousas!! Decátaste de que a discriminación estivo sempre aí?? Pois ollo, eh, que non están os tempos para andar discriminando a ninguén . Non??
Sem comentários:
Enviar um comentário