Tal día coma hoxe de 1875 nacía en Chicago Edgard Rice Burroughs, novelista estadounidense. A súa obra está chea de aventuras e de orixinalidade para a época. Entre as máis famosas destaca Tarzán dos monos que ademais de ser traducida a máis de vinte idiomas foi levada ao cine con moitísimo éxito e aínda hoxe temos o personaxe en debuxos animados na TV.
Outra obra coa que tivo moito éxito foi Os deuses de Marte, unha novela de ciencia-ficción.
Mira este vídeo , é un cachiño das películas de Tarzán da época de teus avós, ensínalles isto a ver se o recordan...
Sem comentários:
Enviar um comentário